Nestas datas disfrutamos creando os nosos OVOS DE PASCUA....que vos parecen...a verdade e que disfrutamos como enan@s...
O NOSO XIRASOL
Esta semana descubrimos que existe unha figura xeométrica chamada ÓVALO. Pensando, pensando atopamos que os ovos, as pipas e tamén os pétalos das flores teñen forma de óvalo. Xa que estamos a traballar o tema das plantas dentro da Primavera decidimos entre todos facer un xirasol... que vos parece , a que quedou fermoso...
HOLA PRIMAVERA
Coa chegada da Primavera ocurreúsenos decorar un pouquiño o patio de Infantil, todos traballamos un montón, fixemos unhas pouquiñas de abellas, outras poucas de bolboretas e tamén algúns gusanos. Plantamos unha herba verde coa axuda da profe Bea de onde naceron unhas flores grandes e de moitas cores.... divertímonos e aprendemos ó mesmo tempo...
A COPA DO MUNDO ESTIVO EN CERCEDA
A copa do mundo de fútbol estivo de visita no concello e fumos emocionados facerlle unha pequena visita, de paso aproveitamos e fixemos algunhas fotos para levar de recordo, por suposto despois debuxámola na nosa axenda e a verdade é que os debuxos son tan fermosos como a propia copa. Picade sobre a copa e poderedes ver ós vos@s cativ@s que guap@s que saíron.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)