Quería recordarvos que o artigo de ANIVERSARIOS, atópase no lado esquerdo do blog nunha páxina chamada ANIVERSARIOS. Xa teñen cinco anos todos, picade na foto de Nicolás e veredes como celebramos os cumples dos vosos pequenos e pequenas.
FESTA DO NADAL
Xa chegou o nadal, e como non, decoramos a nosa aula para recibir a Papá Noel e os Reis Magos por si lles ocurre vir a darnos unha visita: colocamos estrelas no teito, elaboramos unhas árbores de nadal que nos quedaron moi fermosas...Chegou o gran día e Papá Noel estivo na nosa aula, os nenos e nenas estaban moi impresionado...non falaban nadiña....como non podía ser doutra maneira deixonos unhas poucas de chuches e un agasallo en forma de conto. Algúns nenos estiveron a contarlle como se portaran este ano no cole. FOI TODO UN ACONTECEMENTO....
picade na foto e veredes que sorpresa.
read more
BO NADAL E FELICES FESTAS.
0
comentarios
Aquí tedes a nosa primeira exposición, a cal fixemos coa axuda das familias, espero que disfrutedes vendo as fot
os. Os cativos e cativas amosaron as súas casas con moito entusiasmo.
Picade na foto para ver cal foi o resultado.
read more
A NOSA PRIMEIRA EXPOSICIÓN
os. Os cativos e cativas amosaron as súas casas con moito entusiasmo.
O MAGOSTO
Somos moi pero que moi altos
Como estamos medrando moi pero que moi rápido ocurréusenos mirar durante este curso haber cal é o rapaz ou rapaza mais alta, tanto como a nosa xirafa ou incluso como a nosa lúa...temos que alimentarnos moito e moi ben para poder alcanzalas.Picade na xirafa, e ollade como disfrutaron medíndose os nosos pequenos e pequenas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)