Ao longo deste entroido, coincidindo que nos atopamos na unidade dos oficios, decidimos convertirnos en cociñeiros e cociñeiras por un día, para facer os nosos periquitos tivemos axuda: os alumn@s de 6º de primaria tamén se animaron a colaborar e por suposto tamén participaron as titoras : Luz e Victoria,por certo que non se me esqueza as fotografías son obra de Lucía alumna en prácticas no colexio. Como non podía ser doutro xeito, o toque final puxéronno as cociñeiras do comedor,que nos cociñaron os nosos perquitos.
Pola tarde disfrutamos dunha velada propia do entroido coa película "Río" ambientada en Brasil, concretamente en Río de Janeiro e como non podía ser doutro xeito, saboreamos os nosos periquitos que estaban como non podía ser doutra maneira RIQUÍSIMOS. Espero que disfrutedes vendo aos vosos cativos e cativas... ollade con atención picando na foto dos periquitos (rosquillas).
Tamén practicamos nas nosas casiñas, elaboramos unha receta coas nosas familias e logo trouxémola para o cole para facer outras actividades. Nicolás ademais convertiuse en cociñeiro e tróuxonos unhas galletas que
estaban riquíiiiiiiiiisimassssss.
do entroido: decoramos a nosa aula dándolle color cos pallasos coloridos e coas máscaras que
decoraron os raparigos e raparigas.
Como xa fixemos o curso pasado, volvimos a crear por estas datas o recuncho dos difraces na nosa aula, que vos parece como o pasaron os nosos rapaces.
Picade na frase suliñada e poderedes comprobalo.
Este ano decidimos falar un pouquiño
dos carnavais que celebran en algunha
zona de Galicia, tocoulle a Ourense,
coñecemos os cigarróns, as pantallas,
os peliqueiros...foi todo un experimento...
cada día aprendimos un pouquiño
mais de Laza, Verín...