CONTINUAMOS CREANDO...


Continuamos coas nosas creacións: xoaniñas, tartarugas, arañas, volvoretas,cempés... creamos as nosas manualidades.
Ingredientes: cáscaras de cocos, de noces, plastilina, cartóns, pintura de dedos, pinceis...e o ingrediente mais importante...a CREATIVIDADE DOS NOSOS RAPARIGOS E RAPARIGAS.




read more

Día internacional da MULLER TRABALLADORA

Sentados na alfombra falamos cos pequenos e preguntámoslles que nos conten que significa para eles O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA. Falamos dos traballos das súas mamás e avóas, de que unha muller chamada Marie Curie foi a primeira muller que foi profesora na Universidade de París. Decidimos facer un mural onde debuxamos un retrato das súas mamás...moi concentrados e concentradas para que o debuxo quede moi pero que moi fermoso.
read more
2 comentarios

O RATONCIÑO PÉREZ ESTIVO NA NOSA AULA

¡Impresionante!, hoxe estábamos na aula e de repente caiulle un dente ao noso

Gabriel Pazos. Foi todo un acontecemento, axudámoslle a gardalo nunha servilleta para que logo o depositase na súa mochiliña. Estamos todos a espera de comprobar se ao longo destes días Ratonciño Pérez pasa polo cole a deixarlle algún regaliño o noso Gabriel. Manterémosvos informados do que acontece ao longo dos próximos días.

Así aconteceu, Mica e Mono enviáronlle unha carta a Rato e o seu primo Honoratorato para saber deles e de paso contarlles a historia do dente. Non saíamos do noso asombro, Rato baixou da montaña para ir o supermercado, alí atopouse co Ratonciño Pérez que estaba a comprar un montón de queixo...Rato contoulle a historia que aconteceu na aula, e o Ratonciño Pérez ocurriúselle a xenial idea de enviarnos uns agasallos.


read more

PARECE NON CHEGAR O INVERNO

Aínda que nos atopamos na estación do Inverno o tempo está moi revolto como din os nosos pequenos, fai sol, despois chove, agora fai frío....Finalmente entre todos decidimos facer o noso mural do Inverno, ollade canto esforzo e entusiasmo puxeron tódolos nosos raparigos e raparigas.Esperamos que disfrutedes visionando a presentación...




read more

SOMOS INVENTORES

Chegou o momento de presentarvos a nosa segunda exposición, a cal leva por título "SOMOS INVENTORES". Aproveitando que traballamos na aula a unidade de máquinas e inventos, entrounos a curiosidade de poñer en marcha a nosa creatividade...impresionante a inventiva que tiveron os nosos cativos e cativas...con axuda das súas familias creáronnos unha chea de INVENTOS (non podedes perdervos esta presentación), picade na foto e vades alucinar.



read more
Free Website templatesSEO Web Design Agencyfreethemes4all.comFree Blog TemplatesLast NewsFree CMS TemplatesFree CSS TemplatesFree Soccer VideosFree Wordpress ThemesFree Web Templates