0 comentarios

XIRAFIÑA QUE ALTOS SOMOS

Como estamos a piques de rematar o curso decidimos volver a medirnos, creo que xa somos tan altos como a nosa xirafiña.


Todos xuntos subímonos na nosa balanza, creo que todos xuntos pesamos un pouquiño mais que Guini de Pu...ollade, que vos parece.




Por certo Spiderman decidiu visitarnos e está a pasear polas pisadas dos nosos pés, subidiño o teito da nosa aula...aínda que penso que está a buscar a súa plantilla.
read more
0 comentarios

Xa temos 6 anos...


Parece que foi onte cando un grupo de alumnos de 3 anos chegou a miña vida, xa teñen seis anos e logo marcharán para primaria...pero por suposto nunca poderán esquecer o día que cumpliron os seis anos...

read more
0 comentarios

Querida primavera

Coa entrada da primavera, iniciamos a nosa ambientación da aula. 
Como xa somos os maiores de infantil decidimos este curso aprender un pouquiño mais dalgunhas plantas.
Chegou o momento de falar da Bugambilla, unha planta preciosa que anuncia igual que moitas outras a chegada da primavera, coas súas florecillas, decidimos ambientar a nosa aula cunha fermosísima fusia bugambilla........CONTINUARÁ,ollade que fermosa nos quedou.

Xa estamos a rematar o curso escolar  e como nos atopamos na estación da primavera pareceunos boa idea aprender un pouquiño mais sobre algunhas plantas, de momento deixámosvos unha foto do noso invernadoiro...


Que vos parece como quedaron as nosas margaridas...
O noso castiñeiro recórdanos que cada día avanzamos un pouquiño mais na primavera, xa está cheiño de follas...
read more
0 comentarios

Día do LIBRO

Un día importante para todos os nosos nenos e nenas...falamos do significado que teñen para os nosos cativos e cativas os contos, libros, comics...sorpresaaaaaaa!. Do concello achegáronnos uns contos preciosísimos para todos os nosos alumnos. Como non podíamos ler todos os contos o mesmo día decidimos ir pouquiño a pouco e cada día ollamos un conto...para cando non nos da tempo de rematar de ler un... decidimos fabricar os nosos..... 
MOUNSTROS COME PÁXINAS...tradicionalmente chamados marcapáxinas...mirade que simpáticos.
read more
Free Website templatesSEO Web Design Agencyfreethemes4all.comFree Blog TemplatesLast NewsFree CMS TemplatesFree CSS TemplatesFree Soccer VideosFree Wordpress ThemesFree Web Templates