Cumpleanos feliz!, Breogán e Anxo xa teñen tres anos. Todos os seus amigos e amigas cantáronlles o cumpleanos feliz. Entre todos decoramos a coroa de Breogán e tamén a de Anxo, que fai pouquiño tamén cumpleu 3 anos. Pasámolo todos moi ben: sopramos as velas, comimos tartas riquísimas,e todos querían ter a súa coroa decoradiña...ollade que atentos estaban todos.
0
comentarios
read more
De excursión ao MUSEO DO MOUCHO
A semana pasada fixemos a nosa primeira excursión, estamos todos moi emocionados. Profe ¿vamos en bus?, pregunta algún alumno. Vamos ao baño antes da nosa saída, e xa estamos preparados. Vamos de conversa polo camiño, pois o museo está cerquiña do colexio e vamos dando un paseo, ollamos o millo, as espigas, as ovellas que están no campo, a gasolinera onde paran os nenos a coller coches de xoguete "din algúns", vemos como o dono dun coche emprega o autolavado...todos moi pero que moi atentos...fixámonos nos pasos de peóns...e xa chegamos...deíxovos unhas poquiñas de fotos que fixo a Profe Paula de prácticas que nos acompañou nesta experiencia para coidar dos nosos retoños. Esperamos vos gusten.
0
comentarios
read more
Chegou un novo compañeiro o cole
Os nenos e nenas non paraban de preguntarlle porque non viñera antes o colexio, querían saber que lle pasaba...Saúl explícalles aos seus compañeiros e compañeiras da aula, que tiña unha pupa na perna e non podía xogar...todo un acontecemento escoitalos na súa conversación. Aquí vos deixo unha foto de Saúl, que con moita ilusión chegou ao seu novo colexio, onde xa coñece a algúns dos seus novos e novas compañeiros e compañeiras cos que xa coincideu no cole dos pequenos, como eles lle chaman " A guardería".
2
comentarios
read more
A vaca María e o xato Pancho
Mércores, xa nos dispoñíamos a entrar na nosa aula cando o papá de Noelia Castro acercóusenos para entregarnos un agasallo...non sabíamos de que se trataba...ollade aos nenos para descubrir os nosos novos acompañantes.
0
comentarios
read more
Polo San Martiño peóns ao camiño
Para celebrar o MAGOSTO, contamos o conto de "María a castañeira", colocamos as castañas que elaboramos no noso mural do outono co noso castiñeiro...hui pero aínda temos que colorear a nosa María a Castañeira (próximamente). Elaboramos unhas buxainas moi simpáticas, puxémolas a rodar en compañía dos compañeiros e compañeiras de 4 e 5 anos... fixémolo bastante ben. Pola tarde compartimos xogos cos demais nenos e nenas do colexio, comimos castañas e pasamos unha velada moi agradable escoitando aos raparigos de secundaria. Foi unha xornada moi divertida.
1 comentarios
read more
A granxa de Anxo
Cada día familias e nen@s non deixan de sorprendernos..hoxe Anxo tróuxonos unha granxa moi especial para as nosas vaquiñas e os seus acompañantes, pois tíñamolos metidiños nunha caixiña, pero agora os cativos xa teñen a granxa de Anxo onde poñen a descansar a todos os animais.
0
comentarios
Pola mañá os nosos raparigos disfrutan do día creando os seus pantasmaspés, picade na imaxe e descubriredes unha pequena sorpresa.
read more
Mércores 31 outubro, celebramos o Samaín
Alumnos e alumnas de 5 de primaria viñeron a contarnos uns contos que nos asustaron tan so un pouquiño
Pola tarde o colexio estaba cheiño de bruxas, morcegos, esqueletos, vampiros...toda unha xornada terrorífica...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)