A semana pasada chegou a nosa aula unha nova amiga. Chámase Lola...por certo non é unha alumna máis. Lola é a protagonista do novo proxecto no que nos atopamos inmersos no segundo trimestre. De momento só vos podo decir que Lola é unha nena que se atopa triste pero pouco a pouco vai cambiando o seu ánimo ....se lles preguntades aos vosos raparigos, adiviñaredes porque Lola tarda moi pouquiño en poñerse moi pero que moi contenta.
2
comentarios
Hoxe Rosalía de Castro está de cumpleanos. No colexio decidimos recitar unhas cantigas escritas por Rosalía. Os cativiños e cativiñas de 3 anos tamén participaron recitando dúas pequenas estrofas.
read more
Rosalía cumple anos
Hoxe Rosalía de Castro está de cumpleanos. No colexio decidimos recitar unhas cantigas escritas por Rosalía. Os cativiños e cativiñas de 3 anos tamén participaron recitando dúas pequenas estrofas.
Ai, ¡que miniña!
¡Que nena preciosa!
Despois de lavada
parese unha rosa.
I este miniño
que teño no colo
despois de lavado
parece un repolo.
Chegou Ían ao noso colexio
Despois do antroido incorporouse a nosa aula un novo cativiño...chámase Ían, os demais están encantados: todos queren ensinarlle onde colocamos todas as cousiñas, que ten que facer cando lle toca ser encargado, onde ten que colgar o abrigo e a mochila...queremos que veña moi contento o seu novo cole. Preséntovos a Ían.
1 comentarios
CONSIGNA PARA LUNS: os cativos virán en pixama ao colexio.
CONSIGNA PARA MARTES: para non ter frío tamén deben abrigarse cunha BATA.
CONSIGNA PARA MÉRCORES: para non ter frío á cabeza neste inverno, dice Bartolo : "cativos e mestres non vos esquezades do gorro para a cabeza".
CONSIGNA PARA XOVES: PODEDES VIR DISFRAZADOS DAS VOSAS CASAS.
CONSIGNA PARA VENRES: DISFRAZARÉMONOS DE LOBOS NO COLEXIO.
Os cativos e cativas cando escoitaron o que quería Bartolo que fixeran, uns rían, outros explicaban "profe o pixama so se pon para dormir"...polo que decidín presentarlles a Bartolo...para que eles comprobasen que non lles estaba contando ningunha mentirijilla...
read more
BARTOLO, BARTOLIÑO!
O venres antes de marchar para as nosas casas, chegounos a aula unha nota. Enviábanola BARTOLO. Bartolo aparece no cole polo antroido e sempre, sempre fai algunha travesura. Na nota explicaba que quería que lle contara aos cativos que tiñan a obriga de cumplir unhas consignas para que a próxima semana podan vir ao colexio...e avisóunos moi ben avisados que non se nos esquecera.
CONSIGNA PARA LUNS: os cativos virán en pixama ao colexio.
CONSIGNA PARA MARTES: para non ter frío tamén deben abrigarse cunha BATA.
CONSIGNA PARA MÉRCORES: para non ter frío á cabeza neste inverno, dice Bartolo : "cativos e mestres non vos esquezades do gorro para a cabeza".
CONSIGNA PARA XOVES: PODEDES VIR DISFRAZADOS DAS VOSAS CASAS.
CONSIGNA PARA VENRES: DISFRAZARÉMONOS DE LOBOS NO COLEXIO.
Os cativos e cativas cando escoitaron o que quería Bartolo que fixeran, uns rían, outros explicaban "profe o pixama so se pon para dormir"...polo que decidín presentarlles a Bartolo...para que eles comprobasen que non lles estaba contando ningunha mentirijilla...
0
comentarios

¡ creo que disfrutan moito destas datas!...
read more
Xa chegou, xa chegou o carnaval a CERCEDA

Xa estamos moi pero que moi ansiosos pola chegada do Entroido ao colexio. Para que non perdamos nin un detalle desta festa tan divertida para maiores e pequenos, ao longo desta semana a profe coa axuda das familias instalou na aula dentro do recuncho da alfombra o minirecuncho dos disfraces... para que cada neno poida transformarse en piratas, "brujas pirujas", vampiresas, cociñeiros, princesas...
¡ creo que disfrutan moito destas datas!...
0
comentarios
read more
Os maiores de Secundaria
Aos pequenos gústalles moito que veñan visitarnos os cativos e cativas de secundaria. Desta vez, deleitáronnos cunha historia de Cunqueiro e cunhas ilustracións moi ben feitiñas. Os alumnos e alumnas de 3 anos fixéronlles varias preguntas cando remataron o conto e todos xuntos pasamos un anaco moi pero
que moi agradable.
1 comentarios
DÍA DA PAZ
O día 30 de xaneiro celebramos o día da paz no colexio. Ao longo dunha semana estivemos a contarlles aos cativos contos centrados nesta temática. Que significa para eles esta palabra?: compartir xoguetes, non berrar cando estamos no cole, non pelexarse, darse abrazos, bicos, carantoñas, rir moito...téñeno moi pero que moi claro. Para participar na festa da paz, os pequenos de 3 anos elaboraron coa axuda da profe "AS POMBAS DA PAZ". Mirade que pombiñas mais fermosas.
read more
Por certo, para decorar os molinillos estivemos moi pero que moi ocupados. Non perdades detalle.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)