Continuamos decorando o noso mural do MAR. Nesta semana tocoulle o turno as nosas medusas. Como din os cativos "moito coidadiño que lles gusta moito picar, e se as atopamos no mar temos que sair rapidísimo e avisar as nosas familias". Xogamos a pasar por debaixo delas pero sen tocarlles nin un peliño.
7
comentarios
Que bos son estos neniños, portáronse moi pero que moi ben.
read more
A NOSA PRIMEIRA EXCURSIÓN
Hoxe chegaron os cativos ao colexio moi pero que moi contentos, pois xa sabían que marchábamos de excursión A Coruña. Primeiro revisamos as mochilas, colocamos algúns bocadillos, sentamos na alfombra para falar un pouquiño do que íamos a facer hoxe e finalmente fumos ao baño antes de facer un tren de parellas para subir ao bus.
No bus sentámonos, puxemos os cinturóns e en marcha.
Chegamos A Coruña e o autobús deixounos moi cerquiña do Obelisco, alí mesmo nuns banquiños que vimos decidimos tomar un pequeno aperitivo: froita, galletas, queixiños...
Que bos son estos neniños, portáronse moi pero que moi ben.
Xa estamos preparados, recollemos todiño, os papeis para a papeleira, colocamos as nosas mochilas nas nosas costas...e vamos aló. De camiño para o teatro.
Sentamos nas nosas butacas, fai bastante calor, entón sacamos os abrigos e colocamos as mochilas no chan.....e
Preparados, listos e xa...a función vai dar comezo..." A caixa de música". Icía, Salterio, Zaratrusto, Calderón, Arpexio e unha abella moi pero que moi traviesa son todos eles uns títeres que dan forma a unha historia moi pero que moi graciosa, na que os pequenos de Cerceda non perderon detalle.Por certo ao remate da función os nosos cativiños tiveron a oportunidade de coñecer de cerca a Icía e tamén a Salterio.
Unha vez rematada a función de teatro, colocamonos todos no tren e marchamos a dar un pequeno paseo pola Calle Real e logo xa chegamos ao parque de Méndez Núñez. Alí comimos o xantar e despois disfrutamos dos columpios, tobogáns, rodiñas, pontes...que atopamos no parque.
Rapidiño, rapidiño, recollemos as mochilas que xa chega o autobús. Regresamos ao noso colexio de Cerceda. Sentámonos de novo por parellas e emprendemos o viaxe de regreso ao noso cole. Por certo, pregunteilles aos cativos se o pasaran ben.."moi ben profe", algúns acabaron ben cansadiños e botaron unha pequena sonada no camiño.
Ata a próxima queridos nen@s de 3 anos. Da gusto viaxar con alumnos tan boiños.
1 comentarios
read more
Pero para quen serán esas plantillas tan perrequechiñas
Estamos a xogar outra vez ás adiviñas, os cativos estiveron pintando con moito coidadiño unhas plantillas porque estamos elaborando con moito entusiasmo unhas chanclas diminutas...convertímonos en zapateiros, sorpresa!, para quen serán, virán os ananiños de Blancanieves a facernos unha visita?, serán para poñerlles as nosas bonecas, pois xa está a piques de chegar o verán e xa hai que ir recollendo o calzado de inverno e ...os meus cativiños saben gardar moi pero que moi ben os segredos...pois queremos darlle unha sorpresa a todas as....
0
comentarios
read more
DESPEDÍMONOS DE AITANA
Hoxe elaboramos na aula de 3 anos unha postal requetebonita, a destinataria era a nosa Aitana. Colaboraron todos os nen@s. Expliqueilles aos cativos que a súa compañeira ten que marchar para outro cole, pero como din os pequenos "cando teñas tempo tes que vir visitarnos". Como di a postal, "esperamos que teñas un anaquiño de tempo e que veñas a facernos unha visita axiña". Ata vernos pequena. Moita sorte na túa viaxe.
1 comentarios
read more
O noso novo proxecto
O proxecto no que estamos inmersos neste trimestre, leva por título "O MAR". Esta sendo moi pero que moi interesante para todos os cativos e cativas. Están moi atentos cada vez que un pequeno achega a nosa aula o barquiño que elaborou coa axuda da súa familia...non perden detalle. Estou encantada, da gusto como as familias dos meus pequenos colaboran en todo aquelo que lles pido. Mil gracias a tod@s.



Suscribirse a:
Entradas (Atom)