1 comentarios

CATIVIÑOS E CATIVIÑAS

Cativiños e cativiñas de Cerceda que tiven a fortuna de compartir con todos vosoutros tantos momentos ao longo destes 4 anos, espero que cando sexades maiores recordedes o voso paso pola etapa de Educación Infantil con MOITA FELICIDADE.
 Moitas gracias a todos de todo corazón. 

                                                                               Vémonos dentro de pouquiño. 
                                                                                                                                      Un millón de bicos. 


read more
1 comentarios

MOITAS GRACIAS!!!!!!!


GRACIAS A TODAS AS FAMILIAS QUE,
COA VOSA COLABORACIÓN, FIXESTES POSIBLE QUE O MEU TRABALLO FÓRA MOITO MÁIS DOADO.

                                               ATA A PRÓXIMA!

read more
0 comentarios

GRACIAS A TODAS AS FAMILIAS

UN MONTÓN DE AGASALLOS...MOITÍSIMAS GRACIAS, SOBRE TODO POR CONFIARME A EDUCACIÓN DOS VOSOS CATIVOS E CATIVAS .ATA VERNOS...

read more
1 comentarios

QUE SERÁ, SERÁ...

No noso mural do mar non podía faltar a nosa linterna, a que avisa aos mariñeiros e mariñeiras para que os seus barquiños non choquen coas rochas e cos penedos da costa. Ollade aos carpinteir@s que concentrados están na obra...









read more
0 comentarios

Que sorpresa máis bonita, AITANA estivo de visita.


Ata fai pouquiño Aitana estaba no noso cole de Cerceda, pero tivo que marchar para outro colexio, lonxe, lonxe...que como hoxe nos estivo explicando tivo que ir en avión para chegar a onde se atopa o novo cole. Os cativos e cativas cando a viron puxéronse contentísimos, non paraban de abrazala e preguntarlle cousiñas. Canto nos alegramos de vela. Estivo un pouquiño no patio e na aula con nos. Continúa sendo a nosa Aitana,non cambiou nada, nadiña. Que non se nos esqueza, tamén nos achegou un agasallo que colocamos no noso mural do mar. Moitas gracias de parte dos teus compañeiros e tamén da profe Mar. Non tardes en volver a visitarnos. Moitos biquiños. Ata a próxima!.
read more
1 comentarios

Cunchas, cunchiñas


Os meus cativiños fan moi ben os seus deberes. Estiveron de paseo e atoparon nese lugar misterioso que lles aconsellei visitar coas súas familias: cunchas, pedras, caracolas...e incluso trouxeron unha pouquiña de area. Onde estarían?.

Aprendimos a clasificar, a contar, a establecer semellanzas e diferencias de todos os obxectos que achegaron ao colexio. Falamos de todas estas cousiñas. Estiveron todos moi pero que moi atentos.




read more
2 comentarios

MURALES DE PRIMAVERA

Coa chegada da Primavera estivemos a decorar a nosa aula cun montón de flores, bolboretas, o noso gran caracol... e para que a nosa primavera se puxera moi pero que moi contenta fixemos uns murais con flores, paxariños, caracois, xoaniñas, serpes...O resultado foi moi pero que moi xeitoso. Aquí deíxovos unha mostra do moito que traballaron os nosos cativiños.







read more
3 comentarios

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

Aproveitando que nestes meses estivemos aprendendo un pouquiño mais sobre o mundo marino, como non podía ser doutro xeito decidimos facer a nosa excursión á "CASA DOS PEIXES". Hoxe pola mañá os cativiños viñan moi pero que moi guapos. Entramos un momento na aula para ir ao baño e rapidiño marchamos cara ó autobús.


Todos os alumnos van charlando e contentísimos porque xa falta pouquiño para poder chegar á casa dos peixes.


 











Baixamos do autobús e fumos de camiño para a Casa dos Peixes..

 


Un pouquiño antes de entrar na Casa dos Peixes paramos un anaquiño para facer unhas fotos coa Torre de Hércules.



Cando entramos na Casa dos Peixes a profe Marícarmen presentouse e explicoulle aos cativos que tiñan que estar moi pero que moi atentos, pois íamos aprender un montón de cousiñas.


Aquí están as LAMPREAS tamén chamadas chupavampiros.
 

A BALEA AZUL é o animal marino mais grande do mar. Ollamos  unha costela, un anaquiño de vértebra e tamén un omoplato da mesma.
 











Os CABALIÑOS DE MAR, como dice a profe do acuario, chámaselles así porque se asemellan moito ós cabaliños.




 







ÓS OURIZOS DE MAR, encántalles estar pegadiños ás rochas. 







        















As ESTRELAS DE MAR teñén moitas delas 5 brazos, pero poden variar de 7 a 40 brazos. A mais pequena chámase ESTRELA CAPITÁN. As estrelas teñen tantos ollos como brazos. A comida preferida das estreliñas son os mexillóns. As estrelas de mar teñen moitos              pés, camiñan non nadan.



As MEDUSAS...coidadiño con elas porque si lles andamos a tocar gústalles moito picar e picar.



As RAIAS que son como platillos volantes. 



Os POLBOS teñen casiña dentro das rochas, por certo, cando están enfadados póñense moi pero que moi vermellos. Tamén aprendimos que os polbos teñen 3 corazóns e o sangue de cor azul. Teñen 8 brazos pero non tentáculos.







Os MEXILLÓNS, recordamos o alimento preferido das estrelas de mar medran pegadiños a unhas cordas que recibe o nome de bateas. 


Todos moi concentrados dirixímonos para poder ver as FOCAS chicos e chicas. Son moi pero que moi simpátic@s, encántalles bucear e comer peixiños.


Quédanos unha última sorpresa , vamos baixar a un submarino onde vive un animaliño marino chamado GASTÓN.....sorpresa, sorpresa...que será?, unha balea, un golfiño...


Que sorpresa atopamos a dous buzos dándolle de comer peixes a GASTÓN.


Gastón un simpático tiburón anda dando paseos cando a profe do Acuario está a explicarnos no camarote do capítán do submarino cousiñas que podemos aprender sobre GASTÓN:

Gastón ten 17 anos. 

Non é un peixe senón un mamífero. Para saber esta curiosidade explícanos a profe que os mamíferos nadan arriba e abaixo, mentres que os peixes fano dun lado ao outro.

Aos tiburóns pequechos amigos de Gastón chámaselles musolas.



Gastón ten dous penes, ou como dice o noso Joel dúas "Pililas".

Ten un total de 200 dentes moi blanquiños e afiados.

Respira por branquias que están moi pero que moi cerquiña dos seus oídos, pois non teñen orellas.

A súa cola permítelle moverse moi pero que moi rápido.

Descansamos un pouco pois estamos algo cansos.


Despedímonos de Gastón e saímos do submarino.
Que bos son estes pequerrechos, están superatentos.
A profe Maricarmen continúa ensiñándolles máis e máis cousiñas.
Pasamos por un túnel moi pero que moi oscuro. Pero non teñen nadiña de medo.
Estamos a piques de rematar a visita á Casa dos Peixes, pero antes de marchar a profe explícanos que algúns peixiños son moi pero que moi venenosos, cos que hai que ter moito COIDADIÑO. Aquí están algúns deles:


                                                                                      PEIXE ROCA (un dos peixes máis venenosos do fondo marino).



PEIXE VACA, pois ten como dous corniños.

 PEIXE GLOBO (cando abre as súa púas parece un globo con pinchos).







Antes de marchar ollamos a Nemo, á mamá e ao papá de Nemo e tamén a un montón de Nemos pequerrechos.



 Marchamos da Casa do Peixes, ¡ENCANTÓULLES!, agora vamos descansar un anaquiño e xantar moi cerquiña da TORRE DE HÉRCULES.

Xa se ve ao lonxe, pero non tardaremos moito en chegar, pois está María a conductora do noso bus, esperando por nos para acercarnos á tan famosa Torre.
Chegou  o momento de xantar, os cativos están moi pero que moi caladiños, a verdade é que teñen bastante famiña. Un paraíso, moi cerquiña da Torre de Hércules xantamos  antes de chegar o gran momento de xogar, correr, intentar tocarlle a Torre de Hércules, xogar ao escondite, ás carreiras, rodar polo campiño,xogar coa area...



Estivemos a punto de tocarlle a TORRE DE HÉRCULES.




Collemos un montón de margaridas e de herbas para facer unha simpática tortilla.

Xogamos ao escondite.


                                                        
Posamos para facer fotos.











Chegou a hora de marchar de novo a Cerceda...imos rebozados de herbas, de terra, pero o mais importante é que os cativos e cativas pasárono como enanos e enanas.
Algúns cativiños están verdadeiramente cansos, pero hai algún e algunha que aínda teñen ganas de festa. XOGAMOS  A FACER QUE ESTAMOS DORMIDIÑOS...ESPERO QUE DESCUBRADES CALES SON UNS MENTIREIROS.









Espero que o artigo reflexe o ben que o pasaron os vosos pequenos.  Xa estamos de volta ao noso colexio de Cerceda. 


Ata a próxima Torre de Hércules!
read more
Free Website templatesSEO Web Design Agencyfreethemes4all.comFree Blog TemplatesLast NewsFree CMS TemplatesFree CSS TemplatesFree Soccer VideosFree Wordpress ThemesFree Web Templates