Ata fai pouquiño Aitana estaba no noso cole de Cerceda, pero tivo que marchar para outro colexio, lonxe, lonxe...que como hoxe nos estivo explicando tivo que ir en avión para chegar a onde se atopa o novo cole. Os cativos e cativas cando a viron puxéronse contentísimos, non paraban de abrazala e preguntarlle cousiñas. Canto nos alegramos de vela. Estivo un pouquiño no patio e na aula con nos. Continúa sendo a nosa Aitana,non cambiou nada, nadiña. Que non se nos esqueza, tamén nos achegou un agasallo que colocamos no noso mural do mar. Moitas gracias de parte dos teus compañeiros e tamén da profe Mar. Non tardes en volver a visitarnos. Moitos biquiños. Ata a próxima!.
0 comentarios:
Publicar un comentario