Xa estamos preparados para celebrar o Samaín, coloreamos as nosas cabazas, intentamos asustar un pouquiño coas arañas que estivemos a colorear, decoramos as casas encantadas, contamos un conto que asusta un pouquiño, "Os tres bandidos" de Kalandraka, decoramos unha cabaza na nosa casa acompañados da nosa familia, asustamos aos nos@s compañeir@s con axuda de Fantasmín... Chegou o día de celebrar o día do Samaín no colexio: sacamos unhas fotos a todol@s nen@s coas luces apagadas e cunhas pouquiñas de cabazas acesas. Logo contamos con moi pouquiña luz o conto dos Tres Bandidos... "están moi atentos, e non teñen nadiña de medo...incluso o noso Juanciño que se soe asustar bastante". Xa logo levamos as cabazas que decoramos nas nosas casas á exposición onde están expostas tódalas outras cabazas e
manualidades que se fixeron no colexio para este día.... quedou todo moi ben. Pola tarde fumos ao ximnasio disfrutamos todos no ximansio dunha obra de teatro e alí déronse os premios as cabazas máis orixinais... Picade sobre a foto onde están os alumnos e atoparedes unha grata sorpresa.
0 comentarios:
Publicar un comentario