Chegou o Samaín

Coa chegada do Samaín decoramos a nosa aula para que sexa como din os nosos cativos e cativas unha aula un pouquiño mais TERRORÍFICAAAA......Cos nosos pés fixemos unhas pantasmas moi pero que moi divertidas as que Gabriel F. decidiu chamar pantasmapés....picade na etiqueta onde pon pantasmapés para ver como foi o proceso na creación das nosas pantasmas.

Preparamos unha festa para tood@s estas bruxiñas e bruxiños.
Como non podía ser doutro xeito, tamén decoramos a nosa aula coas cabazas que trouxeron os nosos alumn@s coa axuda das súas familias(picade sobre a foto onde está Edgar coas cabazas e veredes que sorpresón). Incluso entre todos preparamos un mantel onde colocamos as nosas cabazas super terroríficas. Picade encima da bruxa e veredes que festa mais máxica.

Como chegou Ramón as nosas vidas decidimos disfrazarnos todos de Ramón. Picade na foto e veredes cal foi o resultado final.Aprendimos todos un montón sobre os osos que ten Ramón no seu corpo... o oso mais pequeno sabemos que se chama fémur e o mais pequeno martelo.Picade na foto do esqueleto e veredes canto aprenderon os rapaces.
read more

DECORAMOS A NOSA AULA COA CHEGADA DO OUTONO

Coa chegada do Outono decoramos a nosa aula un pouquiño:saímos a dar un paseo xunta do castaño que tódolos días podemos ver a través das ventás da nosa aula. Na entrada ao lado da porta decoramos unha árbore que tódolos días nos recorda que estamos na estación do outono,quedounos moi pero que moi ben. Temos unha parra cunha chea de racimos de uvas, tamén o noso tractor vai moi cheiño de mazarocas aínda que algunhas caeron no chan outras están na cesta. É o tempo dos cogomelos, e por iso que cada cativo fixo o seu con moito esforzo e entusiasmo. Picade encima da foto e veredes canto se esforzaron os vosos cativos e cativas.







read more



MICA CHEGOU O COLE CUN NOVO AMIGO


Mica regresou das súas vacacións na montaña acompañada dun novo compañeiro, Rato a verdade decidiu quedarse xunta o seu tío Honoratorato...pois a verdade é que o votaba moito de menos...pero Mica sorprendeunos cunha novo amigo: MONO. Estamos tan contentos que decidimos darlle a benvida dun xeito moi especial, ollade e veredes...picade sobre a foto e mirade que vos parece.
read more
Free Website templatesSEO Web Design Agencyfreethemes4all.comFree Blog TemplatesLast NewsFree CMS TemplatesFree CSS TemplatesFree Soccer VideosFree Wordpress ThemesFree Web Templates