Chegou o Samaín

Coa chegada do Samaín decoramos a nosa aula para que sexa como din os nosos cativos e cativas unha aula un pouquiño mais TERRORÍFICAAAA......Cos nosos pés fixemos unhas pantasmas moi pero que moi divertidas as que Gabriel F. decidiu chamar pantasmapés....picade na etiqueta onde pon pantasmapés para ver como foi o proceso na creación das nosas pantasmas.

Preparamos unha festa para tood@s estas bruxiñas e bruxiños.
Como non podía ser doutro xeito, tamén decoramos a nosa aula coas cabazas que trouxeron os nosos alumn@s coa axuda das súas familias(picade sobre a foto onde está Edgar coas cabazas e veredes que sorpresón). Incluso entre todos preparamos un mantel onde colocamos as nosas cabazas super terroríficas. Picade encima da bruxa e veredes que festa mais máxica.

Como chegou Ramón as nosas vidas decidimos disfrazarnos todos de Ramón. Picade na foto e veredes cal foi o resultado final.Aprendimos todos un montón sobre os osos que ten Ramón no seu corpo... o oso mais pequeno sabemos que se chama fémur e o mais pequeno martelo.Picade na foto do esqueleto e veredes canto aprenderon os rapaces.
Free Website templatesSEO Web Design Agencyfreethemes4all.comFree Blog TemplatesLast NewsFree CMS TemplatesFree CSS TemplatesFree Soccer VideosFree Wordpress ThemesFree Web Templates