16
de

O noso primeiro proxecto "A Vaca Marela"


Pouco a pouco vamos aprendendo un pouquiño mais das vacas...non deixa de sorprenderme canto saben os nosos alumn@s, son como pequenas esponxiñas que todo o absorben...non perdades detalle...Decidimos facer un cadro para que a nosa vaca Marela se sinta como si estivese na súa casiña. 



Decidimos aprender unha canción para dedicarlla a nosa Vaca Marela. Como non podía ser doutro xeito, contamos coa axuda dunha maestra extraordinaria...espero que disfrutedes escoitandoa, tanto como o fixeron os vosos cativ@s. Facede click na imaxe da profe Mariló e veredes que sorpresa tan agradable..




Para os cativos, cativas e familias que quedaran con mais ganas de baile, aquí vos deixo outra versión da nosa canción "Eu teño unha vaca Marela". Picade na vaca bailarina para escoitar a canción.



Eu teño unha vaca marela
que é o demo a condenada,
presume de vaca moderna
e non quere traballar.
(bis)
Ela canta, con acento
de mulata brasileira,
hai que vela, como move,
as cadeiras ao andar.
(bis)
Puxo a permanente no rabo
e deulle esmalte aos cornos,
ela dí que quere mercar
unhas medias de cristal.
(bis)

Ela canta, con acento
de mulata brasileira,
hai que vela, como move,
as cadeiras ao andar.
(bis)
Nin dá leite nin dá nada
dá patadas á canada,
a herba xa non lle vai
quere palla integral.
(bis)
Ela canta, con acento
de mulata brasileira,
hai que vela, como move,
as cadeiras ao andar.
(bis)

Sin dudalo as familias tamén están a colaborar na posta en marcha do proxecto, acercando ao colexio a través dos seus pequen@s: contos, fotografías, puzzles, máscaras...que teñen que ver coas vaquiñas. Ahí vai unha foto do recuncho das vaquiñas presidido polas vacas Paca e María, onde o tema principal non podía ser outro que as vaquiñas.





Que non se me esqueza, as profes Mariló e María de relixión tamén nos achegaron algúns agasallos.










0 comentarios:

Free Website templatesSEO Web Design Agencyfreethemes4all.comFree Blog TemplatesLast NewsFree CMS TemplatesFree CSS TemplatesFree Soccer VideosFree Wordpress ThemesFree Web Templates