Xa estamos inmersos na preparación das nosas manualidades para poder recibir con moita alegría a Papá Noel e os Reis Magos, pois quedaron de pasarse polo colexio, xa que nos portamos requeteben.
Cando empezamos os nosos preparativos para recibir este Nadal, pola porta da aula entrou un día unha rapariga preguntándome si me importaba que nas horas que non estaba adicada a impartir as clases de ximnasia podía facernos compañía...os pequen@s de tres anos recibírona encantad@s e eu aínda mais. Axudóunos a facer o noso Papá Noel, os nosos renos e o tamén o noso trineo...unha rapariga moi pero que moi traballadora...ensinoulles os cativos e cativas algúns xogos...e sobre todo e o mais importante fíxolles rir e disfrutar...non estou segura si realmente é unha profe ou un duendecillo que ven do Polo Norte enviada por Papá Noel...pois é moi cariñosa, moi noble, moi implicada na súa profesión. MOITAS GRACIAS LUCÍA...UN MILLÓN DE GRACIAS DE PARTE DOS MEUS ALUMNOS E TAMÉN DESTA HUMILDE MAESTRA.
0 comentarios:
Publicar un comentario