Aproveitando que nestes meses estivemos aprendendo un pouquiño mais sobre o mundo marino, como non podía ser doutro xeito decidimos facer a nosa excursión á "CASA DOS PEIXES". Hoxe pola mañá os cativiños viñan moi pero que moi guapos. Entramos un momento na aula para ir ao baño e rapidiño marchamos cara ó autobús.
Todos os alumnos van charlando e contentísimos porque xa falta pouquiño para poder chegar á casa dos peixes.
Un pouquiño antes de entrar na Casa dos Peixes paramos un anaquiño para facer unhas fotos coa Torre de Hércules.
Cando entramos na Casa dos Peixes a profe Marícarmen presentouse e explicoulle aos cativos que tiñan que estar moi pero que moi atentos, pois íamos aprender un montón de cousiñas.
Os CABALIÑOS DE MAR, como dice a profe do acuario, chámaselles así porque se asemellan moito ós cabaliños.
ÓS OURIZOS DE MAR, encántalles estar pegadiños ás rochas.
As ESTRELAS DE MAR teñén moitas delas 5 brazos, pero poden variar de 7 a 40 brazos. A mais pequena chámase ESTRELA CAPITÁN. As estrelas teñen tantos ollos como brazos. A comida preferida das estreliñas son os mexillóns. As estrelas de mar teñen moitos pés, camiñan non nadan.
As MEDUSAS...coidadiño con elas porque si lles andamos a tocar gústalles moito picar e picar.
Os POLBOS teñen casiña dentro das rochas, por certo, cando están enfadados póñense moi pero que moi vermellos. Tamén aprendimos que os polbos teñen 3 corazóns e o sangue de cor azul. Teñen 8 brazos pero non tentáculos.
Os MEXILLÓNS, recordamos o alimento preferido das estrelas de mar medran pegadiños a unhas cordas que recibe o nome de bateas.
Todos moi concentrados dirixímonos para poder ver as FOCAS chicos e chicas. Son moi pero que moi simpátic@s, encántalles bucear e comer peixiños.
Quédanos unha última sorpresa , vamos baixar a un submarino onde vive un animaliño marino chamado GASTÓN.....sorpresa, sorpresa...que será?, unha balea, un golfiño...
Que sorpresa atopamos a dous buzos dándolle de comer peixes a GASTÓN.
Gastón un simpático tiburón anda dando paseos cando a profe do Acuario está a explicarnos no camarote do capítán do submarino cousiñas que podemos aprender sobre GASTÓN:
Gastón ten 17 anos.
Aos tiburóns pequechos amigos de Gastón chámaselles musolas.
Gastón ten dous penes, ou como dice o noso Joel dúas "Pililas".
Ten un total de 200 dentes moi blanquiños e afiados.
Respira por branquias que están moi pero que moi cerquiña dos seus oídos, pois non teñen orellas.
A súa cola permítelle moverse moi pero que moi rápido.
Descansamos un pouco pois estamos algo cansos.
Respira por branquias que están moi pero que moi cerquiña dos seus oídos, pois non teñen orellas.
A súa cola permítelle moverse moi pero que moi rápido.
Descansamos un pouco pois estamos algo cansos.
Despedímonos de Gastón e saímos do submarino.
Que bos son estes pequerrechos, están superatentos.
A profe Maricarmen continúa ensiñándolles máis e máis cousiñas.
Pasamos por un túnel moi pero que moi oscuro. Pero non teñen nadiña de medo.
Estamos a piques de rematar a visita á Casa dos Peixes, pero antes de marchar a profe explícanos que algúns peixiños son moi pero que moi venenosos, cos que hai que ter moito COIDADIÑO. Aquí están algúns deles:
PEIXE ROCA (un dos peixes máis venenosos do fondo marino).
PEIXE VACA, pois ten como dous corniños.
PEIXE GLOBO (cando abre as súa púas parece un globo con pinchos).
Antes de marchar ollamos a Nemo, á mamá e ao papá de Nemo e tamén a un montón de Nemos pequerrechos.
Marchamos da Casa do Peixes, ¡ENCANTÓULLES!, agora vamos descansar un anaquiño e xantar moi cerquiña da TORRE DE HÉRCULES.
Xa se ve ao lonxe, pero non tardaremos moito en chegar, pois está María a conductora do noso bus, esperando por nos para acercarnos á tan famosa Torre.
Chegou o momento de xantar, os cativos están moi pero que moi caladiños, a verdade é que teñen bastante famiña. Un paraíso, moi cerquiña da Torre de Hércules xantamos antes de chegar o gran momento de xogar, correr, intentar tocarlle a Torre de Hércules, xogar ao escondite, ás carreiras, rodar polo campiño,xogar coa area...
Xogamos ao escondite.
Posamos para facer fotos.
Chegou a hora de marchar de novo a Cerceda...imos rebozados de herbas, de terra, pero o mais importante é que os cativos e cativas pasárono como enanos e enanas.
Espero que o artigo reflexe o ben que o pasaron os vosos pequenos. Xa estamos de volta ao noso colexio de Cerceda.
Ata a próxima Torre de Hércules!
3 comentarios:
q reportaxe máis completo!!!!!!!!!
Viñeron encantados, e o tiburón Gastón tivo moito éxito! Moitas gracias Mar, por todalas fotos e por contar tan ben o día a día dos nosos cativos no cole.
Que ben o pasaron, as súas caras translocen felicidade absoluta.
Publicar un comentario