O NOSO MURAL DO MAR

Aproveitando que xa estamos inmersos no noso proxecto sobre o mar, decidimos elaborar un mural moi pero que moi bonitiño: coloreamos as ondas do mar, 











os nosos peixes arcoiris, unha balea un pouco traviesa que esta a lavar a barquiña de Noelia R., un tiburón que vixía con moita atención que os cativiños se porten ben e coiden moito o mural, as nosas medusas que como din os pequenos "non se lles pode tocar, pois pican moito, e se as atopamos no mar temos que saír rapidiño da auga e avisar os papás". Tamén nos viñeron a visitar Bob Esponja e Patricio, Patricio non deixa de bailar coas estrelas "pasao pipa", e Bob Esponja está un pouquiño enfadado pois as medusas andan a picalo un pouquiño...














Para rematar este proxecto estamos elaborando un cadro sobre o mar, que está quedando moi pero que moi fermoso....CONTINUARÁ...

1 comentarios:

Diana Ramos dijo...

Pero canto traballaron estes nenos!!! Quedouvos un mural moi, moi chulo.

Free Website templatesSEO Web Design Agencyfreethemes4all.comFree Blog TemplatesLast NewsFree CMS TemplatesFree CSS TemplatesFree Soccer VideosFree Wordpress ThemesFree Web Templates