1 comentarios

CATIVIÑOS E CATIVIÑAS

Cativiños e cativiñas de Cerceda que tiven a fortuna de compartir con todos vosoutros tantos momentos ao longo destes 4 anos, espero que cando sexades maiores recordedes o voso paso pola etapa de Educación Infantil con MOITA FELICIDADE.
 Moitas gracias a todos de todo corazón. 

                                                                               Vémonos dentro de pouquiño. 
                                                                                                                                      Un millón de bicos. 


read more
1 comentarios

MOITAS GRACIAS!!!!!!!


GRACIAS A TODAS AS FAMILIAS QUE,
COA VOSA COLABORACIÓN, FIXESTES POSIBLE QUE O MEU TRABALLO FÓRA MOITO MÁIS DOADO.

                                               ATA A PRÓXIMA!

read more
0 comentarios

GRACIAS A TODAS AS FAMILIAS

UN MONTÓN DE AGASALLOS...MOITÍSIMAS GRACIAS, SOBRE TODO POR CONFIARME A EDUCACIÓN DOS VOSOS CATIVOS E CATIVAS .ATA VERNOS...

read more
1 comentarios

QUE SERÁ, SERÁ...

No noso mural do mar non podía faltar a nosa linterna, a que avisa aos mariñeiros e mariñeiras para que os seus barquiños non choquen coas rochas e cos penedos da costa. Ollade aos carpinteir@s que concentrados están na obra...









read more
0 comentarios

Que sorpresa máis bonita, AITANA estivo de visita.


Ata fai pouquiño Aitana estaba no noso cole de Cerceda, pero tivo que marchar para outro colexio, lonxe, lonxe...que como hoxe nos estivo explicando tivo que ir en avión para chegar a onde se atopa o novo cole. Os cativos e cativas cando a viron puxéronse contentísimos, non paraban de abrazala e preguntarlle cousiñas. Canto nos alegramos de vela. Estivo un pouquiño no patio e na aula con nos. Continúa sendo a nosa Aitana,non cambiou nada, nadiña. Que non se nos esqueza, tamén nos achegou un agasallo que colocamos no noso mural do mar. Moitas gracias de parte dos teus compañeiros e tamén da profe Mar. Non tardes en volver a visitarnos. Moitos biquiños. Ata a próxima!.
read more
1 comentarios

Cunchas, cunchiñas


Os meus cativiños fan moi ben os seus deberes. Estiveron de paseo e atoparon nese lugar misterioso que lles aconsellei visitar coas súas familias: cunchas, pedras, caracolas...e incluso trouxeron unha pouquiña de area. Onde estarían?.

Aprendimos a clasificar, a contar, a establecer semellanzas e diferencias de todos os obxectos que achegaron ao colexio. Falamos de todas estas cousiñas. Estiveron todos moi pero que moi atentos.




read more
2 comentarios

MURALES DE PRIMAVERA

Coa chegada da Primavera estivemos a decorar a nosa aula cun montón de flores, bolboretas, o noso gran caracol... e para que a nosa primavera se puxera moi pero que moi contenta fixemos uns murais con flores, paxariños, caracois, xoaniñas, serpes...O resultado foi moi pero que moi xeitoso. Aquí deíxovos unha mostra do moito que traballaron os nosos cativiños.







read more
Free Website templatesSEO Web Design Agencyfreethemes4all.comFree Blog TemplatesLast NewsFree CMS TemplatesFree CSS TemplatesFree Soccer VideosFree Wordpress ThemesFree Web Templates